
- Este evento ha pasado.
Compostella Expeditio: viaxa á Compostela medieval con realidade virtual

Compostella Expeditio é unha experiencia inmersiva que permite viaxar no tempo ata a Compostela do século XIII, voar sobre a cidade medieval e camiñar polas súas rúas como se formasemos parte da historia. A exposición, creada polo estudo galego Maxina e comercializada por Empiriens en colaboración con Afundación, amplía a súa estadía en Santiago ata o 31 de outubro.
Grazas á tecnoloxía de realidade virtual de movemento libre (Free Roam), poderás explorar a cidade con total liberdade, interactuar cos obxectos do contorno e descubrir como era Compostela na época na que o Mestre Mateo remataba os traballos do Pórtico da Gloria.
Durante esta viaxe ao pasado, poderás contemplar elementos arquitectónicos desaparecidos, como a muralla de Cresconio ou a antiga catedral románica antes das transformacións posteriores. Un dos momentos máis destacados da experiencia é a posibilidade de subir virtualmente ao andamio do Pórtico da Gloria, contemplar a fachada en plena construción e descubrir unha perspectiva do Obradoiro imposible de experimentar na actualidade.
Unha proposta cultural, tecnolóxica e interactiva para descubrir a historia de Santiago dunha maneira diferente, apta para gozar en familia.
Información práctica
- Datas: do 21 de xullo ao 31 de outubro de 2026.
- Lugar: sede de Afundación, Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela.
- Duración: aproximadamente 20 minutos.
- Prezo: 15 € por entrada, con tarifas reducidas para persoas maiores de 65 anos, público infantil, familias, titulares do Carné Xove, persoas con discapacidade e persoas desempregadas.
- Tecnoloxía: realidade virtual inmersiva con movemento libre e interacción.
- Idiomas: galego, castelán, inglés e francés.
- Reservas e entradas: Comprar entradas en Ataquilla.
- Máis información: Web oficial de Compostella Expeditio.
Non perdas a oportunidade de descubrir a Compostela medieval e vivir a historia do Camiño de Santiago desde dentro!
