
- Este evento ha pasado.
Coloquio aberto: «Alén da especie. Quen conta e quen decide»
19 noviembre @17:00 PM - 20:00 PM

Con motivo do Día Mundial da Filosofía, o CSC O Ensanche acolle este xoves 19 de novembro ás 17:00 h unha xornada dentro da iniciativa Filosofía na rúa da Facultade de Filosofía da USC.
Será un encontro aberto e horizontal dinamizado polo alumnado de Filosofía, onde se falará de ética animal, especismo, antiespecismo e o papel moral e político dos animais na nosa sociedade.
Un espazo pensado para que toda a veciñanza poida intervir, compartir puntos de vista e construír pensamento crítico en colectivo.
Agardámosvos para pensar e conversar en compañía!
Onde: Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 baixo)
Cando: Xoves 19 de novembro de 2026, ás 17:00 h