
Conversas dos Martes
20 octubre @20:30 PM - 22:00 PM
Gratuito
A Asociación Cultural E. L. S. e o local Modus Vivendi botan a andar Conversas dos Martes, un novo espazo mensual de debate aberto en Compostela para pensar en voz alta sobre o mundo actual e o contexto galego.
Nesta primeira cita abordarase o tema «Eleccións 29N e o contexto galego» nunha tertulia de xeito horizontal, distendido e sen xerarquías, onde non fai falla ser experto: só ter ganas de falar, escoitar e compartir visións co respecto e o acougo como protocolo. (Non é preciso inscribirse previamente)


